jueves, 1 de noviembre de 2007

Anagnórese

Onte, facía sol, non ia moito frío, era unha mañá desas que no tempo din "boas".

Sen ruido case, esquécimos o xeito de andar, o camiño das verbas, o rápido que marcha o tempo. E aprendímos cantas cousas viven no tempo dun latexo.

Marchou de nos o tempo; pararon os ruídos, no peirao seguían a aboiar os barcos.

VEÑA MARTIÑA RESPIRA.

Orestes lle falaba a Eléctra dos rizos sobre a tumba do seu pai. Electra sigue contando o seu desexo, e diante de nos a rachou a anagnórese.

Recoñecimos mans e miradas de xente, ás que non vemos, dentro desa conta repetida de dous minutos, dous minutos agardando que voltaras. E de novo, outros dous minutos.
Canto pasou neses minutos!

Os puños que se pechan e gabean pola gorxa estan a esganar os berros que se esnaquizaron no quebraondas dos ollos.

No hay comentarios: