viernes, 2 de noviembre de 2007

Suficiente

De neno cando te preguntan polos teus amigos tes sempre unha lista interminabel…

Cando crecemos facémonos máis selectivos e sabemos que tan só uns poucos están cando os precisamos.

O que pasou o mércores marcará dun modo ou doutro as nosas vidas…porque Marta era unha desas rapazas ás que non se pode esquecer tan facilmente.

Encántame a foto de Fran…así era ela; SEMPRE sorrindo.

Non era algo forzado; era algo que xurdía sen máis…coma os seus brincos polos pasillos ou o seu TRUQUE.

E así a lembrarei eu…

Aínda agora dáme rabia e non podo evitar chorar un chisquiño; supoño que por non terte coñecido máis...

E e sen embargo o suficiente pra estrañarte.

TRUQUE-TRUQUE-TRUQUE

No hay comentarios: